Blogia
S.D. Cruces

PREMIOS OS XOGADORES S.D.CRUCES 2008/09

A Sociedade Deportiva Cruces entregou os premios aos mellores xogadores da tempada 2008/2009

A Sociedade Deportivo Cruces aproveitou a pasada fin de semana para celebrar unha cea-xuntanza de fin de tempada na que reuniu a xogadores, ex xogadores, adestradores, directivos, socios e seareiros. O encontro comezou coa disputa de varios partidos entre pais e nais dos xogadores das categorías inferiores, e deu paso á cea, celebrada a carón do pavillón de deportes.

O prato forte da noite foi o acto de entrega dos galardóns aos deportistas máis destacados da tempada 2008/09.

En categoría benxamín Víctor Castro foi o máximo goleador, e Alberto Alonso o máis regular. En alevín A, Rubén García foi o pichichi, e Lorenzo Otero o máis regular; o mesmo ca Denis Nitoi en alevín B, categoría na que Gonzalo Peón asinou o maior número de dianas.

En infantís, Brais Pedreira recolleu o galardón ao máximo anotador, mentres o trofeo á regularidade foi para Diego Torreiro. Fidel Fernández, en cadetes, foi o xogador que máis goles asinou na tempada, mentres que Pablo Cacheda destacou como o xogador máis regular, un recoñecemento que recaeu en Diego Castro en categoría xuvenil, na que Diego Méndez se proclamou pichichi.

En canto á categoría de aficionados, a S.D. Cruces rexistrou un empate a número de goles; Diego Silva e Rubén Jordero compartiron o trofeo de pichichi, mentres que Álvaro Rodríguez foi o xogador máis regular.

O ascenso a Primeira Autonómica logrado polo equipo infantil tamén foi recoñecido polo clube, e o seu xogador, Rubén García Ramos, que xa foi convocado polas seleccións de Santiago e Galicia, foi elixido mellor xogador do club.

0 comentarios