Blogia
S.D. Cruces

A SEMANA DOS CADETES

Cadetes

En Liga galega, a EF Lalín perdeu 3-2 ante o Aguiño, e o Sporting Estrada impúxose 2-1 ao Imperátor. Os lalinenses baixan á décimo cuarta praza da táboa, e os de A Estrada seguen décimo quintos. No grupo-3 de Primeira Autonómica, o Silleda goleou 1-4 ao Calo e o Val do Ulla fixo o propio por 4-0 co Oleiros. Os estradenses pasan a ser cuartos, e os trasdezanos soben á oitava praza. En Segunda Autonómica, o derbi zonal que enfrontou ao Callobre e ao Cruces saldouse cun 3-4 favorable aos cruceños, mentres que o Sporting Estrada B daba conta 4-1 da visita do San Mamede a terras de Tabeirós. Na clasificación o Cruces sitúase cuarto, seguido do Callobre; o Sporting Estrada B é sétimo.

0 comentarios