Blogia
S.D. Cruces

Partido sen historia

Partido sen historia

Partido de cor granate o vivido na tarde de onte no camballón, no que o Cruces lle endosou un contundente 7-0 ao At.Gresande, a pesar de contar con catro baixas no once titular; Ucho e César por sanción e Louzao e Mázas por motivos persoais. O equipo local amosou a súa rapidez na parte atacante montando eficaces contragolpes que sempre levaron perigo á meta rival. Nada máis que obxectar nun encontro no que o cruces formou con: Pablo, Sergio, Rafa (Emanuel), Pelayo, García, Xaquín, Óscar (Moro), Borja (Ciprian), Minino, Pibe (Michu) e Zequi.

Pibe con catro tantos, Zequi con dous tantos e Ciprian con un foron os anotadores.

¿Y esta publicidad? Puedes eliminarla si quieres
¿Y esta publicidad? Puedes eliminarla si quieres

1 comentario

Usuario -

Pido disculpas polo error na distribución dos goles, xa que Pibe anotou catro, Zequi dous e Ciprian un.
¿Y esta publicidad? Puedes eliminarla si quieres