Blogia
S.D. Cruces

CRUCES-PILOÑO

CRUCES-PILOÑO

FABULOSO DERBI NO CAMBALLON.

O Piloño no puido coa presion do público no Camballón, levou TRES goles e puideron ser mais dos pupilos de Angel.

Formidable actuación do equipo con mención destacable do porteiro "PIBE", boa defensa e media eficaz delantera.

2 comentarios

Un aficionado -

Por fin era hora de que o cruces demostrara o gran equipo que teñen, facendo gala dun fútbol combinativo e eficaz en ataque, e non como o Piloño, un fútbol físico que se basa no patadón, pero que no día de onte foi perfectamente contrarrestado polo equipo cruceño, onde dende a miña opinión o adestrador cruceño lle gañou o partido na pizarra a Moncho, colocando un forte medio campo formado por cinco xogadores granates; onde Ucho lle gañou a partida a Juan por completo, Xaquín dándolle saída ao esférico, Borja e Minino armando contragolpes a meta rival, e como non, Mazás, que para foi o mellor xogador do partido, dándolle un temple distinto o xogo e chegando á meta rival con eficacia, de ahí os seus dous goles, e como non, destacar a un loitador César en ataque armando sempre algunha das súas(esa mao).E o mellor, a estraordinaria eficacia da defensa, onde Louzao; coa súa rabia, Rafa; co seu portento físico(gañándolle en todo momento a partida a Bruno), Pelayo; facendo gala da súa escola, e García; especialmente expedictivo souperon contrarrestar o xogo directo do seu rival. E xa como me ía olvidar de Pibe, ESPECTACULAR o gardameta improvisado, pero que cumpre moito mellor que os titulares, sobre todo co seu poderío no xogo aéreo. E non me vou olvidar de Sergio, Moro e Ciprián que colaboraron coa victoria, xunto co delegado Roque, e o adestrador Ángel, o cal plantexou o partido de forma extraordinaria. E tamén a toda a directiva e adestradores( José, Poli, Fausto, Abel,Xaquín e Álex) que o teñen ven merecido. E como non, a toda a aficción que na tarde deste domingo se desprazaron ata o camballón(campo da S.D. Cruces) para disfrutar dun gran partido. Moitas grazas por facerme disfrutar deste día, que aínda que non estou nas filas do Cruces, sempre o levarei no corazón. Estou convencido de que o ano que ven será o ano da volta a segunda rexional, e incluso, facer realidade aquelas verbas de Poli no video do 25º Anivesario, no que con 11 anos que tiña recordo que dixera que o pobo das Cruces se merecía polo menos un equipo en 1ª rexional, e estou convencido de que esto chegará, porque o mellor de todo é que hai un equipo moi novo que onte se veu cargado de ilusión. Enoraboa a todos e grazas.

pybe -

yo quiero esa foto!!jaja